domingo, 18 de noviembre de 2007

jejeje

Eu sei cousas ... eu sei unha cousiña ... eu sei unha cousiña que vos non sabedes, pero tranquilos que pronto o sabredes, pero non será hoxe nin tan pouco mañan, quizais para a semana que ven xa a sepades ou vola conte eu, pero de momento ¡¡¡¡ Eu sei unha cousa!!!!!

lunes, 12 de noviembre de 2007

Superman, pexegos e moita soidade

Fai duas semans contabavos que estada leendo Jimmy Corrigan The smartest kid on earth, pois ben, xa rematei a sua lectura. E claro, ahora esperaredes que vos conte o meu parecer, pois non hai, se queredes ter unha opinión sobre esta obra leedea vos mesmos e sacade conclusiónsVale, vale, porei o meu parecer, pero non facervos moitas ilusions que xa sabedes que o meu pobre procesador non da para moito.
Para empezar, ainda non teño claro se esta banda deseñada gustoume ou non, diredes que decidir iso non pode ser moi dificil, si, non, non esta mal, está entretida.... pois ben eu ainda non o teño claro. De entrada non me disgustou e leina toda dun tirón, se ben a miña ignorancia impideume pillar certos simbolismos que aparecen na obra cada certo tempo.
Como poden ser as continuas referencias a Superman, ou as innumerables viñetas dedicadas aos paxaros ... que si ... que son referencias a ansia de libertade que sente Jimmy, que vive agobiado por unha nai extremadamente posesiva, pero ¿e os pexegos que? ehh ¿que simbolismo teñen os pexegos? porque saen por todalas partes e en todalas épocas.
Polo demais o tebeo é un berro desesperado a soidade que sente o noso protagonista, que quitando a sua posesiba nai, non ten a ninguén, nin amigos, nin veciños e ata os compañeiros de traballo escapan de él. Por se todo isto non fora suficiente é un inadaptado social, timido e calado que non sabe interactuar cos demais, que se viste con roupa desfasada o cal dalle un aspecto de ser moito mais maior do que é en realidade. Tamen e reseñable que quitando a aqueles que en realidade son importantes para a trama todo o elenco de secundarios que aparecen nesta obra sexan retratados físicamente sempre desde un angulo que impide verlle a cara, feito que por momentos antollaseme do mais desasogante, e mais ainda cando temos en conta que ese recurso usao tamen coa nai, a que nunca se lle ve a cara con claridade, quizais porque o nucleo desta historia xira entorno ó feito de coñecer o seu pai,que abandoounos sendo él cativo e do que do só tiña unha foto. Pai que por certo e´moito mais aberto co seu fillo, e o mesmo tempo moito mais hermético, (expicalo mellor seria destripar a metade da historia)
A todo o anteriormente dito sumadelle a imaxinación desatada de Jimmy que sempre irrumpe na realidade sen previo aviso, o relato que o seu avo fai dos seus recordos da expo de 1892, cousa que non teño moi claro a conto de que viña, anha narrativa novedosa que por momentos confude a aqueles que temos uns habitos de lectura xa feitos e unha presentación impresionante, eso sí, a sobrecuberta que trae esta db é recomendable leela termino da lectura da mesma e non antes como fixo un servidor. E xa esta esto é o que teño que decir, se algún de vos quere mais detalles que se pille Jimmy Corrigal el niño mas listo del mundo, ou no seu defecto que llo gorroné a un coñecido.
De todas formas se poñedos no google Jimmy Corrigan apareceranvos mais sesudas e estudiadas criticas ca deste pobre robot

jueves, 8 de noviembre de 2007

Aventuras por Faeire

Fai hoxe unha seman, fun o cine a ver Stardust, a película vaseada nun relato corto escrito por o case sempre xenial Neil Gaiman e ilustrado polo sin par Charles Vess. Vaia por diante que tiña unhas ganas enormes de vela dichosa pelicula, pese a que desde o seu estreo leín un par de criticas pouco halagüeñas, ademais fun case sen recordar a historia, polo menos ata a parte que eu leín, xa que anos fai que Norma editou o relato en catro números de 48 páxinas cada un, dos que por desgaza non fun quen de facerme co último número asi que non sabia como remataba este fantastico conto de fadas para adultos.
A película empeza mais ou menos como no relato, so que dunha forma un tanto apresurada, e non dudan en saltarse "a la torera" mais da metade do segundo número para chegar o momento no que Tristan Thorn , o protagonista desta historia, atopa á estrela que tanto anhela, o que repercute lixeiramnete na narración xa que na parte que se "comeron" contan certas cousas de interes sobre o noso protagonista, como por exemplo que sempre saiba onde esta, por onde ir e que atopar polo camiño. Tamén queda un tanto forzada a escena da aparición do unicornio e alguna que outra escea que non contarei para non destripar moito a aqueles posibles lectores que queiran ver a pelicula. Sobra decir que Michelle Pfeiffer esta xenial no papel da bruxa que persigue o corazón da estrela, pero que queda lixeiramente ensombrecida pola fantástica interpretación que do terrible capitán Shakespeare fai Rober De Niro, persoaxe que colleume totalmente por sorpresa pois ata onde eu leín non saía para nada.
O final teño que decir que paseino como un enano ( curiosa expresión de alegría) vendo esta adaptación, e que o rematar tiña esa estrana sensación de estar ante a Princesa Prometida do 2000 pese a un "jarrafal" (que diria David) fallo de record(non sei se se escribe así) que apreciase no medio da prolleción. Curioso tamen que nunha escea na que por circunstancias varias matan al alguén que non podia falar, uns nenos (que eran maioria na sala) que estaban diante nosa non paraban de troncharse de risa.
Así que o final o que leera de que era excesivamente longa y moi sobrecargada de efectos especias, para nada de nada, nin pereceume longa nin os efectos excesivos, a unica pega realmente importante e a de Claire Danes como a estrela, xa que persoalmente faiseme un pouco cargante. Como ia decindo cando empecei este post, fai hoxe unha seman fun o cine a disfrutar de Stardust.
Deixovos o trailer da peli, que o disfrutedes

lunes, 5 de noviembre de 2007

Filosofía cen

Que non, que non se me esqueceu o listado da miña compra do mes de outubro, simplemente tiña outras cousas que contar, pero xa poño ahora o que comprin e o seu prezo:

  1. Los archivos de The Spirit nº 14 > 35 €
  2. 20th Century Boys nº 22 > 8,95 €
  3. Deat note nº 11 e 12 > 15 € os dous
  4. Black Jack nº 6 > 12 €
  5. Naruto nº 31 > 7,50 €
  6. Bleach nº 16 e 17 > 15 € os dous
  7. Eternos nº 5 e 6 > 6 € os dous
Por fin pilleime o 22 de 20th century boys, no que nun principio cerra a serie, cousa que é mentira xa que en Xapón, debido as queixas recibidas polo final da mesma,que deixa moitas preguntas sen respostár,pois está anunciada a aparición de 21th Century boys. É decir a mesma serie con distinto nome, por dicir algo que tampouco matouse buscando un nome novo . Espero poñer un post da serie pronto, xa veremos como estou de tempo.
Tamen cerrín Death note, ainda que sego atascado no septimo número. Contando con as series que cerrin o mes pasado ya teño 5 a quitar da lista, e para este mes xa cerro fixo a dos Eternos, da que so me falta o septimo número que é o derradeiro.
En fin, que pese a que costame moito aterme os 100 €, sigo fiel a esa filosofía; de todas formas xa estou mirando que poñer na prósima, e dame a nin que quitando algún manga que me quedou atras este mes e o tomo de Usagi que toca o resto vai ser todo vertigo, pero nunca se sabe, a ta o día de realizar a compra nada é seguro.

domingo, 4 de noviembre de 2007

noite de Jalujuin 2

tras o desenfreno que ocasionou a melena loira, chegaron os integrantes do grupo Lactante, que daban un concerto alí mesmo, no Esmorga



Empezaron o concierto con unha version dun tema que non coñecia, despois algún tema propio, e logo foron metendo mais versións, que si Radiohead, que si The Cure ...



e outras que non recordo ahora mesmo, o grupo xa empezaba a quentarse,



e a xente empezou a perdera vergoña, ou quizais a afogala con alcohol,



e algún arrancouse a cantar temas que ata ese momento eran fantasticos, afortunadamente Lactantes reconpensounos eso de deixar cantar os espontaneos facendo unha ganberrisima version do I will Survive de Gloria Gaynor



xa sabedes como é:

At firstI wass afraid, I was petrified,
Kept' thinkin' I could never live without you by my side
But then I spent so many nights thinkin'
how you did me wrong,
I grew strong, and I leardned how to get along

e logo cando xa non sabiamos a letra moito lalaalaaaaa
e moita festa, e mais laaalaaaaa laaaaaaaaaa



e moito desenfreno, pero moito moito, todo dios desenfrenado



bueno ... case todos; Slipy mirabanos con cara de circunstancias pensando:
"Panda de cabróns todos desfasando en plan besta e eu aquí currando"

viernes, 2 de noviembre de 2007

noite de Jálojuin

Noite anterior a Todo os Santos, noite máxica onde as haia,onde todo pode pasar,
sobre todo se no Esmorga organizan unha festa de Samaín,



e claro, namais empezar a noite, empezan a suceder fenómenos estranos,
como por exemplo Ana con unha melena loira, cousa de por si non moi estrana, se non fose porque intres despois esa melenasa desapareceu para reaparecer



¡¡na cabeza de Tito!! que loxicamente non puído disimular a sua alegría por tan máxico feito,
¡Teño pelo, teño pelo! berraba todo contento, e é que temos que recoñecer que o loiro platino sentalle moi ben



tanto que algún non piudo resistir acercarse e soltalle mais de un piropo, que pola cara
que pon Tito non deveron de ser moi do seu agrado. Ou tal vez a cara devase a que xa intuía que pronto perderia esa melenasa máxica que tanto altera a xente que o seu redor estaba



para sirtuarse na cabeciña de Piti, e non so alterar o seu aspecto se non tamen o seu comportamento, e e´que faltaballe unha saia vermella e un bolso para estar "monisima que tecagas". Notese a Ana intentando recuperar a maxia loira disimuladamente



e aqui, xa non tan disimuladamente, polo visto non lle gustaba de que outr@s lucisen tan platinica beleza sobre si, ou quizais intentaba salvar a Damian e os demais das suas perniciosas influenzas



e se non, as probas remitome, canta perdición, canto desenfreno, e iso que a noite so estaba empezando