martes, 30 de octubre de 2007

Vatídicos e Vétulus

¿Recordades esto?, pois ben, por fin rematei a lecura de toda a saga de Taspie Hidalgo Vatidico; de feito xa fai unhas tres semans. Na miña defensa teño que decir que dous ou tres dias despois de aquel 11 de xaneiro voltei a deixar de ler o libro e que retomei a sua lectura a primeiros de septembre, que decidín reiniciar a lectura do quinto libro dos seis dos que consta esa saga e acabar de ler as aventuras de ese desafortunado asesino.
Que decir, que non soe manido, e que non o teñades leido por ahí sobre outras obras .... pois ... ¡XA ESTA! . Non o leades, nin se vos ocurra sequera botarlle un ollo enriba, que se non engancharavos e xa non teredes forma de escapar ata rematar de leer o sexto libro, que por certo pareceume o mellor con diferencia, en contraposición final do cuarto e principio do quinto, que quizais sella o mais floxo de toda a saga.
¿Pero de que vai a historia? preguntaredes vos que sodes lectores con inquietudes culturais. Pois da vida dun fillo bastardo dun noble xa morto cando o neno chega a palacio, que é convertido polo seu avo o rey, nun "asesino real", pero con eso non esperedes que Traspie (así de curioso é o nome do noso protagonista) sexa un bravo guerreiro, valente aguerrido e temido por todos, mais ben todo o contrario, e de feito, ser asesino real significa que ninguen debe saber que o eres, e a maioria dos asesinatos son con veneno e da forma mais cobarde posible (como se matar con veneno non fose covarde dabondo), así que pasa como mozo de cuadras. A eso añadimoslle que o noso"heroe" ten a Maña, que é unha arte considerada maldita, que permitelle falar e mesmo entablar relacions de amizade con animais, chegando a vincularse a un lobo o que querera como a un hirman, pero tamen ten o don da Habilidade, unha especie de telepatia, (en realidade e mais que eso pero e a mellor forma que teño de describila) que é respetada por todos, pero que por circunstancias varias, nunca chega a dominar; a todo o comentado sumadelle, un reino atacado polos corsarios, que non matan a xente, se non que a forxan, ou o que é o mesmo desposuenos de todo sentimento, deixando a unhas persoas en apariencia, pero a unhas bestas en comportamento, un enigmático bufún que ve o futuro, a un tio que o odia con toda a sua alma e outro que o quere como un fillo, a Burrich o xefe de cuadras e que co tempo sera como un pai, a chade Estrellafugaz, o seu mestre asesino, e a un cento de persoaxes mais que entran e saen da historia cada dous por tres. E xa teredes unha aprosimacion do que poredes ler na saga dos Vatídicos. Ainda que pese a todo quedeime con unha duda, ¿que demo é un Vétulus?, porque dan algunha pista do que poderia ser, pero nunca concretan.

No hay comentarios: