Este novo arco argumental está situado cronolóxicamente antes do anterior e narra a guerra entre duas tribus no pequeno planeta "Ahour la enana" e que dara lugar a aparición do primeiro dos Metabarons: Daval Castaka do que xa pudemos ver unha parte da sua historia no tomo especial da casta dos metabaróns co nome de "La casa de los ancestros".
Por outro lado para abril e no país veciño sairá o premeiro dos dous tomos que publicará Les Humanoïdes Assosiés de Final Incal que ó parecer é a continuación inmediarta de Despues del Incal aquela bd que saira fai xa sete anos e que aparecera marcado como o primeiro de unha serie da que nunca se supo mais. Esta nova entrega está dibuxada polo mexicano José Ladrönn, para aqueles que non o conozades quizais si vos soe se vos digo que dibuxou cousiñas para Marvel, entre elas un prestixio dos Inhumanos xunto a Carlos Pacheco e Rafael Marín ou o tomo de Hipflask publicado por Dolmen tempo ha. Un dibuxante con un estilo moi marcado , mezcla entre o sempre xenial Jack Kirby e o meu adorado Moubius, e decir ouro puro para os ollos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario