lunes, 7 de enero de 2008

Noites monárquicas

Pasada a noite de reis a un xa so le queda disfrutar dos seus agasallos e intentar esquecer o que se gastou neste (agora si) pasado Nadal. E nada mellor para esquecer as penas que porse a ler Stardust, na sua mastodóntica edición de Planeta DeAgostini, un regalo que non me esperaba pero que foi moi acertado, mais que nada porque ún xa tiña a sua edicion en tomitos Vertigo que no seu día sacou Norma, coa salvedade de que faltabame o último tomo dos catro no que foi publicada e repateabame pillar o de Planeta so por no poder conseguir o derradeiro número. Eso si a nova edición é unha pasada, nova traducción, tapas duras e unha boa morea de extras, ainda que quizais bótese de menos que non inclua o especial Stardus: Lluvia de estrellas, que no seu día saeu para recaudar cartos para pagar os gastos médicos da muller de Charles Vess que sufrira un terrible accidente. Problemas cos dereitos supoño, ainda que quizais nin sequera pasouselle pola mente o encargado de facer esta nova edición. Ainda que non sei se leerei antes Nueva York La vida en la gran ciudad do sin par Will Eisner. Outro tomazo o estilo Contrato con Dios con historias cortas transcurridas na cidade dos rascaceos, e se ben ainda non o lín, podo asegurar sen medo a trabucarme que a sua calidade supera con creces a maioria do publicado por estas terras dentro da banda deseñada.
Un que é maiorciño, xa non esta moito pola labor de creer nos Reis Magos (ou deveria decir máxicos) pero aggasallos como a edición especial con dous discos de Dentro del laberinto pode facer voltar a fe a calquera, despois de todo ¿en cantas péliculas podes disfrutar de David Bowie e a miña adoradisima Jennifer Connelly xuntos?. O último regalo foi un bolso pequeno negro e moi chusquiño que a miña sogra tibo a deferencia de pedirlle as suas maxestades. Regalo sorprendente mais que nada pola sua procedencia, xa que non esperaba que Victoria me regalase nada, debe ser pola miña gran simpatia e a miña ainda mais grande humildade jejejeje.


Tamen teño un teclado novo, pero non é regalo das suas maxestades, mais ben e un "regalo" dos electroduendes, que polo visto pasaronse onte pola casa e fastidiaronme o meu veterano teclado, que tras 7 anos non puido soportar esta entrada de ano, xa veremos canto dura este, pero non creo que dure tanto tempo nin de coña. E creo que polo de hoxe xa esta ben, ale a disfrutar dos vosos agasallos ou se non son do voso agrado a vendelos por internet.

No hay comentarios: