martes, 30 de enero de 2007

Ese pequeno tesouro





Si, séino, esto non parece para nada un blogg serio, (e non é por esta foto) e tampouco o digo pola sua "tematica", se non pola periocidade de publicacións de entredas , que cada vez espacianse mais. Pero é que cada vez estou mais escaso dese novo tesouro de estos tempos, e non, non falo do sentido comun, cada vez mais escaso eso si, pero tamen mais denostado, sobre todo desde que quedou claro que podes ser o presidente dunha grande nacion sen ter nin pinga del; falo do tempo, ese ben tan escaso últimamente, e do que cada vez teño menos, e se a iso sumamos o meu escaso (por non decir nulo) sentido de xestion do mesmo, pois temos como resultado que non escribo nada neste blog. Non prometo nada, pero intentarei actualizar mais amenudo. Para compensar a tardanza deixovos esa foto tan sobrecolledora dun dos habitantes nocturnos do Planeta Prohibido.

lunes, 15 de enero de 2007

Luns outra vez


Ben, aqui estamos outra vez, tras un fin de seman marcado polo cumpleanos de Slipy e a cantidade inxente de alcohol e croquetas que algún chegou a inxerir. Cumpleanos con algunha que outra sorpresa, e fotos varias que espero poder mostrar por aqui. Pero polo de ahora irei poñendo fotos de algún que outro cumpleanos celebrado o ano pasado, que certamente non teñen desperdicio. E para mostra, deixovos esta que tendes ó lado e que propoño xa como imaxe e insignia do prosimo día do orgullo gay.
Atención á cara de Zelu (o mais pequeno) non ten desperdicio.

jueves, 11 de enero de 2007

Retomando vellas lecturas


Pois iso mesmo é o que estou a facer con "La busqueda del asesino" o quinto libro dos seis que conforman a saga dos Vatídico,e é que tras unha longuiiiiiiisiiiiiimaaaaaa parada por fin decidinme a leer.
Ademais despois de ter os libros dende fai dous anos ou asi ( pode que incluso mais) xa empezo a pensar que xa vai ser hora de devolverllos o seu dono. O peor de todo isto é que teño outros libros na mesma tesitura; asi que terei que poñerme as pilas ( dos libros propios que teño sen leer mellor nin falo), esta claro que estou feito un desastre.
E iso que a historia esta moi ben e o protagonista Traspie Hidalgo (si o nome é moi peculiar pero acertado) é un heroe atípico, se ben mais que heroe deveriame referir a él como un protagonista do mais desafortunado, que polo de agora non fai mais que apañar por todo-los lados e repartir un pouco de cando en vez, e se non a o final do cuarto libro remítovos, porque se iso non é apañar como a vaca da festa non sei como definilo.
En fin, que se non lestedes esta peculiar saga de intrigas palaciegas, asesinatos, lealtade, "Maña" e "Habilidade" recomendoa de todo corazón a todos aqueles aficionados a literatura fantastica, sobre todo a eses que estan un pouco cansados de dragons, elfos e ananos.

viernes, 5 de enero de 2007

Ben, ben, ben, aqui estou outra vez, sigo a pelearme co blog, e é que non acabo de atopar o diseño que quero, espero que este fin de seman o de terminado, eso si os Reis Magos non deciden acuparme o tempo con moitos e do mais variados regalos (dame a min que vai ser que non).
Ahhh ... onde van aqueles tempos nos que a noite de Reis era a mais fantastica do ano, con eses nervios do dia anterior, esa vixilia da noite e ese sono impresionante pola mañan.
Pois nada, espero que mañan teñades un bo día, que os regalos sexan do voso agrado e que os camelos non deixen na porta o seu propio regalo.
Bos e felices Reis.

martes, 2 de enero de 2007

Isto é só o principio


Ben, aqui estou, ano novo, vida nova, ou eso di o refran. Despois do primeiro de ano con ese sono acumulado e esas resacas que deixan a cabesiña peor que se a usasen para dar as campanadas (disque..que eu de iso non sei), chega o dia seguinte , ese no que todo o mundo ten algún proposito que desexa cumplir, xa sabedes eses como deixar de fumar, adelgazar, aprender algun idioma, usar menos o coche, ir o xinasio, seguir ata que acabe algun dos miles de coleccionables estupidos que acostuman a sair en xaneiro .... en fin esas cousas. Pois ben o meu proposito foi crear un blog, este en concreto por se alguén tiña duvidas, asi que non sei non canto durará, nin con que periocidade actualizaréi, nin como vai esto. Pero estou disposto a averigualo e se vos decidides acompañarme mellor que mellor ....... eeeeeoooooooo ............ hooolaaaaa .............. vaia, pareceque de momento estou só.
En fin que se alguen pasa por aqui, que se faga oir, pois pese o nome ¡¡¡¡VENVIDOS O PLANETA PROHIBIDO!!!!
PD: Deixovos unha foto para que sepades como son ( eu son o mais alto, a fermosa damisela apareceu de improvisto cando estaban a sacarme a fotografia só para chupar camara)