viernes, 28 de septiembre de 2007

Concerto en Vilanova

Pasada xa a vendimia, polo menos no que pola miña parte toca, retomamos o curso normal do blog, esta vez con unhas fotos de Javisan e o seu grupo : Seymur ( espero que esté ben escrito) e do concerto que deron tempo atras, pero un cacho lango, en Vilanova de Arousa



Ainda que este mal decilo non sei o nome do baixista e o cantante/guitarra do grupo, bueno saber si que o sabía xa que dixeronmo duas ou tres veces pero é que non son capaz de recordalo.



Esta foto do baixista gustame moito, mais que nada pola cara do fulano que sae
na pantalla de televisión, parece estar sorprendido da forma de tocar o baixo



Javisan a guitarra, Adrián a batería, e o cantante e sugunda guitarra
de quén o nome non recordo



outra foto de Javisan



outra foto do baixista, creo que se chama tamen Adrián, pero non estou fixo



ainda que apenas se vexa, no medio está Adrián aporreando a
bateria como se estibese poseido polo demo



e esta é a última foto que realicei no concerto, e e´que non puiden
facer unha na que sairan todolos integrantes do grupo tocando xuntos

lunes, 24 de septiembre de 2007

Los Vascos en el cine de Hollywood (La noche de...)

Joo... e eu pensando que o de Mcgiver era moi bo, pois este outro vídeo non ten desperdicio, atención o tucutu dos vascos do Titanic

domingo, 23 de septiembre de 2007

MacGyver y los Vascos (ta Euskaldunak). By Russell


Seino, son moi malo, pero e que non puiden resistirme, este video no que McGiver vai a o País Vasco a rescatar a unha xeologa que os vascos confundiron con unha inxeneira nuclear e do mellor para pegarse unhas risotadas e se non xa veredes a escena do vascos facendo rapel. Son 9 minuts e pico do melloriño. Que o disfrutedes

viernes, 21 de septiembre de 2007

sexy, sexy

Ben, aqui seguimos con outra tanda de fotos, esta vez co perigo da noite e esas pasions desatadas que te poden pillar de imprevisto cando menos o esperas



como ben sabe Isidro, que coa broma de séntome encima tua e esmágote



caeu nunha trampa moi ben argallada por mami Isa, quén non dudou en aprobeitarse da situación e sobar a Isidro, que por certo non fai aman ningún de escapar, mais ben parece que o disfruta sobradamente



e se non aqui tendes a proba, que cara de pracer, que frenesí, que luxuria desatada, ¡¡¡ que maizitos mais ricos !!!



pero claro ante esa escena as bromas desatanse, empezan os chascarrillos e finalmente chegan as bromas soezes



e se non diganllo a Ana, que deixa moi claro o que pensa que sucedeu con esa pose e ese brazo insinuante, e se non me credes, mirade a cara de dor que pon María de so imaxinalo
E é que non se pode ser tan sexy e esperar sair indenme dos excesos da noite. Así que xa sabedes : tende coidadiño ahí fora que nunca se sabe o que pode acontecer

jueves, 20 de septiembre de 2007

Preparados ...listos...¡¡¡¡.XA!!!!

Septembre, ese mes no que todo volta. Voltan os nenos o coléxio, os colecionables estupidos, as series interesantes de televisión, que siii que as hai, a temporada liguéira, a vendimia, os paiasos o circo .. esto... digo o politicos a... a... ¡¡ao circo!! e como non, voltan os cumpreanos, si meus queridos lectores, ... por que sodes mais de ún os que ledes este blog ¿non? ... ¿ non?, ben, sexa como sexa, ¡QUE EMPEZA A TEMPORADA DE CUMPREANOS! o que significa que xa podedes ir apartando os 5 euros por barba para cada regalo e ir estruxando as meninxes pensando que regalar, porqué o 29 de este mes de septembre xa cae o primeiro, e por ser o primeiro e para empezar forte, é doble xa que no mesmo día están de cumpreanos Meli e Josiño. E unha semana despois Esther , e 15 dias despois Tito, e logo Mara e logo ... pois os que veñan. En fin que xa se aceptan suxerencias para regalos e donacions para mercalos.
Cambiando de tercio, esta seman entereime de que o pasado 7 de agosto cumpríronse 10 anos do inicio de One Piece de Eiichiro Oda, 10 anos que collen en 50 tomos ( ¡¡e Gon!! que xa estan polo 50) e que polo que teño entendido ainda ten moito recorrido antes de acadar o seu final. Afortunadamente a este non temos que facerlle regalo ningun.

lunes, 17 de septiembre de 2007

30 Days of Night: Blood Trails Part 1

Estaba buscando o trailer de 30 dias de noite, pero encontreime este, que é do mais interesante, ¡¡¡ A SEGUNDA PARTE !!! ainda non se estreou a primeira e xa estan anunciando a segunda.

sábado, 15 de septiembre de 2007

Unha de caretos

Hola outra vez, aquí estou con unha ronda de fotos desas que deixan en entredito os incau.. esto os persoas que nelas saen.



Empezamos por esta de María, na que o flash fíxolle a puñeta dandolle esta aspecto tan David Bowie , ou T1000 buscando a Sara Connor, pero bueno, polo menos sábese que é cousa da cámara e non dos efectos "secundarios" da noite



efectos secundarios que apostaria que si sufre o mozo da miña prima, e non me refiro o arrechejado que sae polo lado esquerdo da foto que por certo non teño nin idea de quén é



claro que outros sen tomar nada parecen que están empastillados hasta as orellas



ou borrachos perdidos, claro que ún sempre nas suas ansias de mellorar e superarse é capaz de poñer ...



este careto, nótese a cara de Sergio en plan: eu non conozco a este pirado de nada



ainda que para serio sempre nos quedará Jechu, ou eso pensaria calquera que non o conoza e vexa esta foto xunto a Manolo o cal



repite nesta foto con esa mirada tan .. tan.. tan asi (definidea vos), pero esta vez acompañado pola sin par Genma que nos fai este bonito xesto de despedida co cal damos por concluida esta tanda de fotos.

jueves, 13 de septiembre de 2007

Arrrggghh pasouseme


Maldita sea a miña falta de memoria para as fechas, o martes 4 de septembro foi o 50 aniversario da publicación do Eternauta de Héctor Germán Oesterhedl e Solano López na revista Hora Cero. 50 anos de tan magnanima obra e a min nin me acorda. Porque se algo esta claro é que o Eternauta e unha de esas obras mestras da banda deseñada, algo que deberíase ter de lectura obrigada na escola e que non pode faltar en ningunha estantería xa non digo de un aficionado á DB se non de calquera que guste de boas historias, sexa no formato que sexa. E é sen duvida algunha a obra mesta do tebeo arxentino, sempre co permiso de Quino e a sua xenial Mafalda. Aiiii que cabesiña teño. En fin, que ainda que sexa con 9 dias de retraso aqui queda esta felicitación a Juan Solo e a sua longa, (¿ou debería decir eterna?) andadura. Feliz 50 aniversarío de parte de este robot desfasado a ese clasico eterno.

martes, 11 de septiembre de 2007

100 euros

pois si, esa é a cantidade que teñome proposto non superar mensualmente do meu presuposto dedicado a mercar banda desñada... heeii deixadevos de rir tan escandalosamente, si xa sei ... é un propósito moi dificil sobre todo tendo en conta a cantidade de series abertas que teño e o pouco sentido da mesura que me carecteriza, pero polo menos intentareino. Xa vos terei informados de como vou en tan ardua tarea. Mentres tanto deixovos a lista completa das series que teño abertas a sua periocidade de publicación eo seu precio aprosimado:

01- 100 balas mensual 3,50 €
02- Batman serie regular mensual 5,95 €
03- Bleach mensual 7,50 €12
04- Concrete mensual 12,00 €
05- Death Note mensual 7,50 €
06- John Constantine Hellblazer mensual 3,50 €
07- Los Cuatro Fantásticos mensual 2,90 €
08- Los Eternos mensual 3,00 €
09- Los libros de la magia mensual 3,00 €
10- Nathan Never mensual 5,00 €
11- Sadman Mistery theatre mensual 9,95 €
12- Teenage Mutant Ninja Turtles mensual 15,00 €
13- Transmetropolitan mensual 3,50 €
14- Ultimate Fantastic Four mensual 3,00 €
15- Seton mensual 18,00 €

16- Astroboy bimestral 7,50 €
17- Black Jack bimestral 12,00 €
18- Naruto bimestral 7,50 €

19- Colecion Bilal son 14 números e teño so dous 16,00 € precio medio
20- Blueberry anual ou asi 12,00 € faltanme polo menos 14 números a 12,00 cada un
21- Rip Kirby todo publicado faltanme 7 númenros 9,95 €

22- La época de Botcham trimestral ou asi 10,00 € creo que faltame un só número
23- La mazmorra trimestral mais ou menos 9,00 €
24- Valerian agente espaciotemporal trimestral 25,00 €
25- Lucifer trimestral 12,95 €
26- Planetary trimestral
27- Promethea trimestral 15,00 €
28- Tom Strong trimestral 15,00 €

29- Fabulas 4-6 meses 14,00 €

30- Bd Banda semestrla 6,00 €
31- Hellblazer edicion en tomo semestral 9-12,00 €
32- Los archivos de The Spirit semestral 35 €
33- Y: El últomo hombre semestral 9,95 €
34- Usagi Yojimbo semestral 10 ,00 € + o -

35- 20 Century Boys mensual 7,95 € anual supostamente faltame un número só
36- Bastard!! anual ou asi 7,50 €
37- Berserk anual 8,50 €
38- Estela anual 9,00 €
39- Gunnm last order anual 8,50 €
40- La espada del inmortal anual 8,95 €
41- Los archibos de Batman anual 35 €
42- Los Borgia anual (supoño) 12,00 €
43- Bouncer anual 12,00 €
44- Los tecnopadres anual 12,00 € faltame o último número
45- Murena anual 9,95 €
46- Navis anual¿? 12,00 €
47- Say hello to Black Jack anual 8,95 €
48- Sky-Doll anual 14,00 €
49- Vagabond anual ou asi 8,50 €

50- Cara de luna bianual ou asi 12,00 €
51- Los Heresiarcas bianual 14,00 €
52- The Red Star tres anos e esperando 14,95 €
53- Despues del Incal 6 anos e sumando 12,00 €

Esto... visto esta lista .... ¿e se mellor pasamos a 200 € mensuais?
Creo que o de pillarme o Tarzan de Hall Foster e o Popeye de E.C.Segar casi mellor deixamolo para maaaiiiiisssssssss adiante, e xa mirarei como fago para pillarme as novedades de Tezuka que saen este mes. Isa, muller deixa xa de rir que vaiche dar algo.
Pois nada, aqui queda este post, por certo que esqueciame:
Vendo ril, en bo estado e funnciona a perfeción, precio negociable, interesados poñerse en contacto con Robbie o robot neste mesmo Blog.

domingo, 9 de septiembre de 2007

Marchuqui nuha noite tola

E a noite seguía co seu lento e imparable avance, e con a noite as ganas de festa



como queda palpablemente a vista nesta foto



e nesta outra, onde o alcohol xa empeza a facerse notar



e calquer momento é bo para botar un grolo, e claro con tanto alcohol e tanta festa



os ánimos e a lívido encendoronse un pouco



un pouco de mais se cadra



afortunadamente a sensatez e un toque de atención de Ana
que era devorada polos celos



fixo que todo voltase a normalidade.

viernes, 7 de septiembre de 2007

Bueno aqui estou outra vez con outra tanda de fotos:


Esta vez empezamos con unha que demostra que pouco sentidiño teño, pero que pese a todo son do mais fotoxénico, (notese a miña carencia de avoas vivas)



Bennnn... vale, a foto anterior no era gran cousa , asi que poñovos esta para compensar.



Esta outra é a única decente que saleu de todalas que se intentaron sacar asi, a aparición de Sergio na esquina inferior esquerda estropeana un pouco pero e que saía en todas



Ana cantando toda emocionada unha canción que non é de Loquillo. Que si.. que non era loquillo




E Sergio todo emocionado mirando como canta a emocionada Ana.

Ben e con esto deixono por hoxe, que é tarde e mañan curro. Saludiños.

jueves, 6 de septiembre de 2007

Sera de esta?



Bueno aquí estou uotra vez, e visto as criticas recibidas por non poñer fotos , pois aquí tendes unha ronda delas .

Empezamos por esta foto de Mari e María intentando poñer cara de boas ( cousa que non conseguen), mais ben parecen emporradas, e non entrarei a considerar se pode ser devido a que a foto foi feita no Rif.


Pero claro todo era falsa apariencia xa que realmente están sorprendidas, e non é de estrañar xa que, ¿quén non se sorprenndería vendo a Mami Isa posando para unha foto?



E aqui está a proba; valeeee... medio disimulouse cas gafas e as evillas ( ¿ou son chapas?) que se puxo no pelo, pero e que normalmente a sua reacion ante os obxetivos das camaras de fotos e ..



... pois esta . E non, non sexades mal pensados que as cerbexas que ten diante non teñen nada que ver con que posase para á foto, ¿ou si?.



Bueno non sei, deixono o voso criterio, e con esta duvida esistencial voume.

miércoles, 5 de septiembre de 2007

Cagada

Estoooo...
Bueno os textos das fotos non quedaron como tiña pensado pero xa irei mellorando, ¿alguén podeme aconsellar?
Ale pois nada mais.

Unha de fotos

Bueno aquí estou uotra vez, e visto as criticas recibidas por non poñer fotos , pois aquí tendes unha ronda delas .

Empezamos por esta foto de Mari e María intentando poñer cara de boas ( cousa que non conseguen), mais ben parecen emporradas, e non entrarei a considerar se pode ser devido a que a foto foi feita no Rif.



Pero claro todo era falsa apariencia xa que realmente están sorprendidas, e non é de estrañar xa que, ¿quén non se sorprenndería vendo a Mami Isa posando para unha foto?






E aqui está a proba; valeeee... medio disimulouse cas gafas e as evillas ( ¿ou son chapas?) que se puxo no pelo, pero e que normalmente a sua reacion ante os obxetivos das camaras de fotos e ..






... pois esta . E non, non sexades mal pensados que as cerbexas que ten diante non teñen nada que ver con que posase para á foto, ¿ou si?.







Bueno non sei, deixono o voso criterio, e con esta duvida esistencial voume

sábado, 1 de septiembre de 2007

¡Sorpresaaaa!!!!!

¿ Que ? ¿a que non o esperabades ehhh? despois de tanto tempo non me estraña, pero visto que todo o mundo se queixa (con razón) de que non actualizo, e que o mes de septembro e moi dado para os regresos, pois aquí aqui estou eu , como a xente de vacacións, a temporada liguéira, as novas temporadas das teleseries ou os coleccionables estupidos por fascículos.
Como suporedes teño tropecentas mil fotos que poñer , pero tranquilos que hoxe non porei ningunha, xa o irei facendo en dias posteriores, o que si gustaria de poñer e o trailer/teaser de 20th century boys que podedes ver aquí pero non vos fagades moita ilusión que o que se ve mais nada e case o mesmo, ainda que teño que facervos unha pregunta ¿ imaxe real ou animación?