domingo, 3 de febrero de 2008

xa chegou o entroido

Pois si, cando ainda non estamos recuperados do Nadal e das suas consecuencias xa nos metemos de cheo no entroido, con ese cocido fumegante, esas orellas tan golosas e filloas con toque de limón, un entroido cos seus disfraces, as carallaras , os ovos , a fariña e todalas ganas do mundo de pasalo moi ben. E claro, tanto desmadre ten a sua repercusión gráfica, por exemplo: o outro día quedei cos meus colegas ciberneticos para disfrazarnos e pasalo ben, pero claro ninguén contaba con que teriamos unha carencia tan grande de imaxinación, que como resltado deu que todos fósemos cuns disfraces moi similares, por non decir que eran dus modelos distintos os que cada un doulle as cores que preferia. Bueno, todos menos eu, que fun cun drisfraz do mais orixinal, se non me credes mirade esta foto:

¿como?, ¿que non acertades a verme?, ahhh claro, esqueciame que fun eu o que estaba sacando a foto, pois nada, quedades sen saber de que ia disfrado. Saludiños