martes, 30 de octubre de 2007

Vatídicos e Vétulus

¿Recordades esto?, pois ben, por fin rematei a lecura de toda a saga de Taspie Hidalgo Vatidico; de feito xa fai unhas tres semans. Na miña defensa teño que decir que dous ou tres dias despois de aquel 11 de xaneiro voltei a deixar de ler o libro e que retomei a sua lectura a primeiros de septembre, que decidín reiniciar a lectura do quinto libro dos seis dos que consta esa saga e acabar de ler as aventuras de ese desafortunado asesino.
Que decir, que non soe manido, e que non o teñades leido por ahí sobre outras obras .... pois ... ¡XA ESTA! . Non o leades, nin se vos ocurra sequera botarlle un ollo enriba, que se non engancharavos e xa non teredes forma de escapar ata rematar de leer o sexto libro, que por certo pareceume o mellor con diferencia, en contraposición final do cuarto e principio do quinto, que quizais sella o mais floxo de toda a saga.
¿Pero de que vai a historia? preguntaredes vos que sodes lectores con inquietudes culturais. Pois da vida dun fillo bastardo dun noble xa morto cando o neno chega a palacio, que é convertido polo seu avo o rey, nun "asesino real", pero con eso non esperedes que Traspie (así de curioso é o nome do noso protagonista) sexa un bravo guerreiro, valente aguerrido e temido por todos, mais ben todo o contrario, e de feito, ser asesino real significa que ninguen debe saber que o eres, e a maioria dos asesinatos son con veneno e da forma mais cobarde posible (como se matar con veneno non fose covarde dabondo), así que pasa como mozo de cuadras. A eso añadimoslle que o noso"heroe" ten a Maña, que é unha arte considerada maldita, que permitelle falar e mesmo entablar relacions de amizade con animais, chegando a vincularse a un lobo o que querera como a un hirman, pero tamen ten o don da Habilidade, unha especie de telepatia, (en realidade e mais que eso pero e a mellor forma que teño de describila) que é respetada por todos, pero que por circunstancias varias, nunca chega a dominar; a todo o comentado sumadelle, un reino atacado polos corsarios, que non matan a xente, se non que a forxan, ou o que é o mesmo desposuenos de todo sentimento, deixando a unhas persoas en apariencia, pero a unhas bestas en comportamento, un enigmático bufún que ve o futuro, a un tio que o odia con toda a sua alma e outro que o quere como un fillo, a Burrich o xefe de cuadras e que co tempo sera como un pai, a chade Estrellafugaz, o seu mestre asesino, e a un cento de persoaxes mais que entran e saen da historia cada dous por tres. E xa teredes unha aprosimacion do que poredes ler na saga dos Vatídicos. Ainda que pese a todo quedeime con unha duda, ¿que demo é un Vétulus?, porque dan algunha pista do que poderia ser, pero nunca concretan.

lunes, 29 de octubre de 2007

segundas oportunidades

Xa fai mais de dous anos e medio que teño na casa o tebeo "Jimmy Corrigan, el niño más listo del mundo" dous anos e medio no que intenteino ler unha vez e non pasín da paxina 50, é mais, pareceumme un autentico tostón e que o autor non sabía narrar, e o que é peor, non sabía o que queria narrar; logo estibo nun recuncho da miña estantería acumulando pó durante uhna boa temporada, ata que douseme por pasarlla a Melissa para que o lera. Non pensedes mal, que xa vos vexo as ideas "como a ti pareceuche unha merda pasasllo a Meli para que ela tamen se jo.. fastidie coa sua lectura" que non é iso, senon que mais que nada por que o dito tebeo esta englobado dentro da colección Trazado da editorial de Planeta DeAgostini, colección que e coñecida pola gran calidade das obras ca engloban, porque non se pode negar que From Hell, Maus, Gorazde: zona protejida, Buda ou Mort Cinder son todas unhas obras mestras da banda desñada, asi que supuxen que eu non o entendia pero que o mellor Melissa si, (de feito, a Isidro encantoulle) , asi que pásollo, e repitese o proceso, intentao ler, non lle gusta e teno na casa acumulando pó durante outra boa temporada, ata que finamente decide que é hora de devolvermo, momento que se situa na seman pasada. Cando mo entregou voltou a decirme o malo que lle parecera do pouco que foi capaz de leer, e eu so puiden asentir. Xa na casa, iao a meter no lugar que lle correspondía na estantería cando decidín darlle unha segunda oportunidade, e ¡¡oohhh , sorpresa!! , non so non o estou lendo e disfrutando da sua lectura , senon que ahora desexo seguir lendo a historia e ver como remata o conto. ¿Por qué este cambio tan radical de opinión da mesma db? pois non volo sei decir, supoño que no tempo que pasou desde que o intentei ler por primeira vez a ahora eu "madurei " como lector, e xa non dou as cousas tan por suposto, e teño aprendido que algunhas db necesitan poñerse a lelas con unha mente en blanco sen ideas preconcevidas, e esta banda deseñada e desas, pois Jimmy Corrigan obligate a reaprender a ler un tebeo e a poñer en stand by algúns hábitos de lectura adquiridos cos anos dandolle "o vicio", e a estar moi atento ya que nunca avisa cando o protagonista pasa do mundo real o ficticio da sua mente, xa sexa durmindo ou desperto, ou a un salto temporal de 100 anos para tras. Tamén influe que sexa dificil de ler o feito de que Jimmy Corrigan o protagonista que lle da título a este tebeo e o peor protagonista que un pode imaxinar, e no digo porque sexa malo, ou desagradable, se non por que é harto difil, ou case imposible identificarse con él e coas suas reacions,ou mais ben coa falta de elas, en certo modo recordame a Alberto( si FotoLuz) no seu habito de deixarse levar polos acontecementos sen opoñer resistencia, bueno e noutras cousas que ahora non veñen o caso. Ou quizais simplemente debase a que cando o lin non era "o momento" de poñerme a leelo. Sexa polo que sexa , o único indiscutible é que ahora estouno lendo, estou disfrutando da sua lectura e devezo por saber como acaba a historia e que é o que quere decir con ela. Cando ó remate xa vos contarei.

miércoles, 24 de octubre de 2007

lugo máxico, o desenlace

Recapitulemos, tras manipular uns cogumelos durante un precioso paseo por Lugo empecei a sufrir estranos efectos secundarios, ata acabar encollido.



Este é o hermoso paraxe no que empezaron as miñas desdichas, e onde eu pedia axuda desesperadamente para voltar o meu tamaño normal, e xa empezaba a desespear cando ...



¡¡TATATACHAAANNNN!!, apareceu él, o meu salvador, Felix, tamén coñecido como o Dr Smurf
especialista en fungos, pitufos e castelos, e que para o meu gozo tiña a resposta os meus rogos



Resulta que o remedio estaba nestas fermosas flores, das que necesitaria unhas cantas



cousa que non supuxo o maior problema pois Felix sabia dun lugar inzado de elas



así que tras seguir as suas indicacións, retornín o meu verdadeiro ser , eso si, nun lugar pouco adecuado, pero non me ia a queixar eu por minucias tales despois do que pasara



sobre todo tendo en conta a cara de alegría que tiña Vanessa, por voltarme a ver tal e como son



e claro, ante tal demostración de sabiduría e saber estar prodigada polo Dr Smurf , Marta non puido evitar caer rendida o seus pes



cousa que doulle ás o meu salvador, que case decide demostrar as suas dotes nadatorias,
ainda que despois decideu non facer tanta ostentación das suas virtudes ...



e invitarnos a todos a unha suculenta comida da que por desgracia non temos constatación grafica.

lunes, 22 de octubre de 2007

Lugo maxico

No fin de seman que comprendeu o 13 e 14 de outubro tiben o placer de irme a Lugo a disfrutar de un pequeno pero merecido descanso, pero como non podia ser de outra forma, a
tranquilidade e paz veuse truncada por unha serie de infortunios.



Todo empezou por mor dus detestables cogumelos os que atribuoselle dons máxicos, cousa que eu non creín . Graso erro xa que logo de andar con eles, empezéi a ter estranas sensacións, e percibir todo dunha forma estana pero encantadora, case máxica



ou sen casi, xa que nun intre creinme un trasno dos bosques galegos, agabeando polas árbores e xogando nas suas ponlas ...



e no intre seguinte era unha ran toda feliz enriba dun penerdo rodeado de auga.



Logo dun rato, pensei que xa se me pasara todolos efectos dos condenados fungos
.... iluso de min, o pior ainda estaba por vir



empezeime a sentir cada vez mais pequeno, e mais, e mais ata que o final



collia na palma da man de Vanessa, a cal entre risos rescatoume, pero as miñas aventutas non acabaron ahí. Mais eso contareibolo na prosima ocasión. Mentres tanto deixobos esta preciosa instantanea tomada o domingo pola mañan. Espero que a disfrutedes mirandoa tanto como eu cando a saquei.

martes, 16 de octubre de 2007

Pequenas decepcions, pequenas alegrias

Nestos dias de inactividade blogueira, tiven tempo de lerme dun tirón os cinco números que conforman a colección publicada por Norma das Tartarugas Mutantes (TMNT), non bos asustedes que pouco ou nada ten que ver con a sua versión animada, afortunadamente teño que añadir. A colección empeza como non podía ser de outra forma cos primeiros e sorprendentes números da serie USA, e se ben ten certas lagunas argumentais de considerable envergadura, eso suplese coa frescura e imaxinación que demostran os seus autores, que pasan en cinco capitulos da manida historia de venganza por honor ( eso si de unha forma un tanto peculiar) , guerreiros rueiros descontrolados e clans ninja dispostos a morrer a menor ocasión que llo pidan a unha spaceopera digna do mesmo Gerge Lucas en planetas lonxanos con imperios fascistas, repúblicas belicosas, androides con cerebros humans e triceratones dispostos a leverse por diante todo aquelo que se lles opoña. Desgraciadamente todo este caudal de inxenio vese cortado a partir do capítulo 11 onde a serie empeza a sufrir certos saltos (mutilacións) do 11 pasan ó 19 que sigue ata ó 21 e dese saltan ó 28 e dese número 28 ó 48 onde retoma a sua continuidade ata o final da serie no 62, é decir que ¡¡Norma comeuse a mitade da colección!!, en ningun momento dan unha explicación o respeto, deixando esa por desgracia familiar sensación de que o que nos (os lectores) pensemos importalles un carallo. ¿Onde estan eses números nos que non fan mais que cachondearse de si mesmos? ¿onde os cruces con ese coello samurai tan xenial deUsagi Yojimbo? pois está claro, na mitade da colección que quedou sen publicar.
E ún que sempre tivo o desexo de poder leer as tartarugas ninja en castelán ( xa que en galego sigue sendo unha utopia), que se emocionou o enterarse da sua publicación nestas terras, e que sorprendeuse agradablemente con ese primer tomo, agora leido o quinto e último tomo ten a sensacion de que acabanlle de facer o timo da estampita.

Tamen de Norma é o cuarto tomo de Valerian agente espacio-temporal, que polo que tiña entendido ia ser un dos meiores de toda a serie, ben, malo non é, pero o mellor ... non sei eu, cecais é que tiña unha idea preconcebida del e por eso decepcionoume un pouco. Vale que ten algunhas das ocurrencias mais fantasticas que un poida imaxinar, como pode ser a Ralph o Glapum'tiano, ou as memorias inmortais do planeta Solum ou os sempre dispostos a mercar, vender, trocar, intercambiar, subastar ou alquilar informació ou o que sexa menester do trio de Shinguz presentado en tomos anteriores e que neste demostran todo o seu explendor, tamen podemos disfrutar de momentos deliranntes como acaptura de Ralph ou como Valerian pese a toda a sua tecnoloxia perdese en Escocia devido a neboa e ten que entrar nun pub a preguntar adireción correcta, ou as cogorzas que os Shinguz pillan con lidimento para cabalos. Vale que este tomo ten un dos finais mais estranos que un imaxinaria para unha serie de ciencia ficción, e que daria para moitas charlas teosoficas, cecais estrano de mais pois a min persoalmente descolocoume moito, ata tal punto que non sei decir se me tomaron o pelo con unha grande broma, se o autor quedouse sen ideas o final do relato ou se non supen pillar a ironia que todo eso desprende. Fose como fose, non era para nada o que tiña pensado e colleume co pé cambiado.

E para rematar, comentar que Planeta DeAgostini por fin anunciou a publicación do tomo anual de Gunnm Last Order de Yukito Kishiro, que alguns xa nos temiamos que non vise a luz este ano, sera para novembro e coincidira co tomo do noso coello samurai faborito. O que significa que terei que facer moitos mais números para ver que pillo ese mes. En fin aqui o deixo por hoxe.

miércoles, 10 de octubre de 2007

E esta é a lista de Zalo

Aquí estou outra vez, ahora coa lista das series que pilla Gonzalo, que é unha xenerosa morea das cales un bo número por non decir case todas pertencen a Marvel. Os precios son aprosimados xa que poden ter pequenas diferenmcias dun número a outro.

  1. Civil War
  2. Civil War primera línea
  3. Astonishing X-Men 1,95 € mensual
  4. Cable/Masacre 7,50 € mensual ¿
  5. Lobezno 2,90 € mensual
  6. Los exiliados 9,00 € + 0 -
  7. New Excalibur 8,00 €
  8. New X-Men 2,90 € mensual
  9. La patrulla X 2,90 € mensual
  10. X-force/ X-statix mesual
  11. X-Factor 1,95 € mensual
  12. X-Men 2,90 mensual
  13. Los 4 Fantásticos 2,90 € mensual
  14. Daradevil 3,00 € mensua
  15. Escuadrón supremo 12,00 €
  16. Hulka 9,00 €
  17. Hulk 8,00 €
  18. Jovenes Vengadores 1,70 € mensual
  19. Marvel Monstres 25,00 €
  20. Nuevos Thunderbolts 8,50 €
  21. Punisher
  22. Runaways 3,25 € mensual
  23. Los nuevos Vengadores 1,70 € mensual
  24. Ultimate Spiderman 3,95 € bimestral
  25. UltimateFantastic Four 3,35 bimestral
  26. The Ultimates 3,25 €
  27. Ultimate X-Men 3,00 € bimestral
  28. Spiderman mnesual
  29. Spiderman Clasic
  30. Spiderman Team-Up
  31. Super/Batman 1,95 €
  32. Nuevos Titanes 7,50 €
  33. Jovenes Titanes 2,50 € mensual
  34. Justicia 3,50 € mensual¿?
  35. Outsiders 3,50 € mensual
  36. 100 Balas 12 ,95 semestral ou asi
  37. Fábulas 14,00 € 4-6 meses
  38. Loveles 11,95 €
  39. Transmetropolitan 3,50 € mensual
  40. Y el último hombre 9,95 € semestral
  41. Planetary 25,0 € trimestral
  42. The Authority 25,00 € trimestral ou asi
  43. The boys 12,00 €
  44. Angel caido 12,00 €
  45. Invencible 15,00 € semestral ou mais
  46. Heroe al cuadrado 9,00 €
  47. One piece 6,95 € cada moiiito
  48. Bone 15,00 €
Creo que se quedan cousas no tinteiro xa que a lista confecionamola de memoria o outro día no Lucio mentres falabamos , e non metemos cousas como Flash ou the Pulse, e non sei se é por que xa cerraron, él non as segue, ou simplemente olvidouselle decirmas.
Sexa como sexa xa meterei o que falte no caso de que falte algo.

martes, 2 de octubre de 2007

A lista dos tebeos de Isidro

Pois si, o amigo Isidro tivo e deferencia de mandarme a sua "lista da compra" ainda que según él está convencido de que faltan algunha cousiñas, ainda que non sexa capaz de saber cales, e que outras cambiarán pronto de formato
  1. Uncanny X-Men (mensual) 1,95€

  2. X-men (mensual) 3,25€

  3. Astonishing X-Men (mensual) 1,95€

  4. X-Factor(mensual) 1,95€

  5. X-Iliados (trimestral) 7,95€

  6. New X-Men (mensual) 1,95€

  7. The Ultimates 3,25€

  8. Ultimates X-Men (bimensual) 3,35€

  9. Runaways (mensual) 3,25€

  10. JLA (mensual) 2,95€

  11. JSA (bimensual) 9,95€

  12. Teen Titans (bimensual) 3,5€

  13. JLA Clasificado (bimensual) 11,95€

  14. JSA Clasificado (bimensual) 9,95€

  15. Wonder Woman (mensual) 3,5€

  16. 52 (semanal) 1,95€

  17. New Excalibur (trimestral) 7,75€

  18. Thunderbolts (semestral) 8,6€

  19. The Authority (bimensual) 12,00€

  20. Wildcats (bimensual) 12,00€

  21. Los Muertos Vivientes (cuatrimestral) 7,50€

  22. Strangers in Paradise (trimestral) 18,00€

  23. Invencible (trimestral) 15,00€

  24. Snoopy y Carlitos (semestral – cuatrimestral) 16,95€

  25. Lucifer (cuatrimestral) 12,95€

  26. Animal Man (cuatrimestral) 9,95€

  27. Y, el último hombre (cuatrimestral) 12,95€

  28. Ex Machina (cuatrimestral) 12,00€

  29. Gantz (mensual) 8,95€

  30. Lamu (bimensual) 12,00€

  31. Zetman (mensual) 8,95€

Non está nada mal o listado, curioso que case un cuarto das series que sigue son da familia mutante Marvel, ¿ o de mutantes é por a sua capacidade reproductora ? de series refirome. De todas formas visto o visto está claro que é outro claro candidato para o clube dos 100 € . Seguro que a Mami non lle parecería mal. Falando do cal , pasou septembro e con el o primeiro mes dentro do clube dos 100, e para a vosa informacíon fun capaz de aterme a ese tope de gastos. ¿Que como fixen? pois claro está SUFRINDO COMO UN CABRÓN a hora de confecionar a miña lista mensual. Porque costoume moito definir que era o que queria ter xa, e que era o que podia esperar. Finalmente os "agraciados" foron :
Valerian agente espaciotemporal nº 4 > 30,00 € , leinme xa a sua primeira historia e promete ser dos mellores tomos da colección
Los Tecnopadres nº 8 > 12,00 € e cerro a coleción, ahora a ver cando teño tempo de leela to da dun tirón
TMNT ( as tartarugas ninja) nº 4 e 5 > 30 os dous números, e outra serie que cerro a non ser que a Norma se lle de por quitar mais tomos cos números USA que faltan, que é a mitade da serie.
La época de Botchan nº 6 > 18,00 € e outra mais que cerro
Los eternos nº 4 > 3,00 € e se non me engano faltanme dou s para cerrala
Lost World > único 8,95 € tomiño do sempre xenial Osamu Tezuka que namais chegar a casa foi "secuestrado" polo meu sobriño, o tebeo non o autor entendese. En principio estaba para pillalo este mes de outubro pero como non estaba o último número de 20th Century boys pois pasou a suplila sua ausencia no carrito da compra.
Como seguro que algún quisquilloso botara contas para ver se minto direi que certamente pasase un pouco dos 100 € pero que Cano na sua gran bondade deixoumo nos 100 xustos , asi que primer mes no clube dos 100, primer mes que cumplo. Ahora só me queda mirar o que compro este mes, xa que o único fixo quie teño na lista é o tomo 14 de The Spirit, 35 eurazos que costa o puñetero. En fin, que teño case que un mes para rumiar os "afortunados " da lista de outubro. Saludiños