lunes, 29 de octubre de 2007
segundas oportunidades
Xa fai mais de dous anos e medio que teño na casa o tebeo "Jimmy Corrigan, el niño más listo del mundo" dous anos e medio no que intenteino ler unha vez e non pasín da paxina 50, é mais, pareceumme un autentico tostón e que o autor non sabía narrar, e o que é peor, non sabía o que queria narrar; logo estibo nun recuncho da miña estantería acumulando pó durante uhna boa temporada, ata que douseme por pasarlla a Melissa para que o lera. Non pensedes mal, que xa vos vexo as ideas "como a ti pareceuche unha merda pasasllo a Meli para que ela tamen se jo.. fastidie coa sua lectura" que non é iso, senon que mais que nada por que o dito tebeo esta englobado dentro da colección Trazado da editorial de Planeta DeAgostini, colección que e coñecida pola gran calidade das obras ca engloban, porque non se pode negar que From Hell, Maus, Gorazde: zona protejida, Buda ou Mort Cinder son todas unhas obras mestras da banda desñada, asi que supuxen que eu non o entendia pero que o mellor Melissa si, (de feito, a Isidro encantoulle) , asi que pásollo, e repitese o proceso, intentao ler, non lle gusta e teno na casa acumulando pó durante outra boa temporada, ata que finamente decide que é hora de devolvermo, momento que se situa na seman pasada. Cando mo entregou voltou a decirme o malo que lle parecera do pouco que foi capaz de leer, e eu so puiden asentir. Xa na casa, iao a meter no lugar que lle correspondía na estantería cando decidín darlle unha segunda oportunidade, e ¡¡oohhh , sorpresa!! , non so non o estou lendo e disfrutando da sua lectura , senon que ahora desexo seguir lendo a historia e ver como remata o conto. ¿Por qué este cambio tan radical de opinión da mesma db? pois non volo sei decir, supoño que no tempo que pasou desde que o intentei ler por primeira vez a ahora eu "madurei " como lector, e xa non dou as cousas tan por suposto, e teño aprendido que algunhas db necesitan poñerse a lelas con unha mente en blanco sen ideas preconcevidas, e esta banda deseñada e desas, pois Jimmy Corrigan obligate a reaprender a ler un tebeo e a poñer en stand by algúns hábitos de lectura adquiridos cos anos dandolle "o vicio", e a estar moi atento ya que nunca avisa cando o protagonista pasa do mundo real o ficticio da sua mente, xa sexa durmindo ou desperto, ou a un salto temporal de 100 anos para tras. Tamén influe que sexa dificil de ler o feito de que Jimmy Corrigan o protagonista que lle da título a este tebeo e o peor protagonista que un pode imaxinar, e no digo porque sexa malo, ou desagradable, se non por que é harto difil, ou case imposible identificarse con él e coas suas reacions,ou mais ben coa falta de elas, en certo modo recordame a Alberto( si FotoLuz) no seu habito de deixarse levar polos acontecementos sen opoñer resistencia, bueno e noutras cousas que ahora non veñen o caso. Ou quizais simplemente debase a que cando o lin non era "o momento" de poñerme a leelo. Sexa polo que sexa , o único indiscutible é que ahora estouno lendo, estou disfrutando da sua lectura e devezo por saber como acaba a historia e que é o que quere decir con ela. Cando ó remate xa vos contarei.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario