Nestos dias de inactividade blogueira, tiven tempo de lerme dun tirón os cinco números que conforman a colección publicada por Norma das Tartarugas Mutantes (TMNT), non bos asustedes que pouco ou nada ten que ver con a sua versión animada, afortunadamente teño que añadir. A colección empeza como non podía ser de outra forma cos primeiros e sorprendentes números da serie USA, e se ben ten certas lagunas argumentais de considerable envergadura, eso suplese coa frescura e imaxinación que demostran os seus autores, que pasan en cinco capitulos da manida historia de venganza por honor ( eso si de unha forma un tanto peculiar) , guerreiros rueiros descontrolados e clans ninja dispostos a morrer a menor ocasión que llo pidan a unha spaceopera digna do mesmo Gerge Lucas en planetas lonxanos con imperios fascistas, repúblicas belicosas, androides con cerebros humans e triceratones dispostos a leverse por diante todo aquelo que se lles opoña. Desgraciadamente todo este caudal de inxenio vese cortado a partir do capítulo 11 onde a serie empeza a sufrir certos saltos (mutilacións) do 11 pasan ó 19 que sigue ata ó 21 e dese saltan ó 28 e dese número 28 ó 48 onde retoma a sua continuidade ata o final da serie no 62, é decir que ¡¡Norma comeuse a mitade da colección!!, en ningun momento dan unha explicación o respeto, deixando esa por desgracia familiar sensación de que o que nos (os lectores) pensemos importalles un carallo. ¿Onde estan eses números nos que non fan mais que cachondearse de si mesmos? ¿onde os cruces con ese coello samurai tan xenial deUsagi Yojimbo? pois está claro, na mitade da colección que quedou sen publicar.
E ún que sempre tivo o desexo de poder leer as tartarugas ninja en castelán ( xa que en galego sigue sendo unha utopia), que se emocionou o enterarse da sua publicación nestas terras, e que sorprendeuse agradablemente con ese primer tomo, agora leido o quinto e último tomo ten a sensacion de que acabanlle de facer o timo da estampita.
Tamen de Norma é o cuarto tomo de Valerian agente espacio-temporal, que polo que tiña entendido ia ser un dos meiores de toda a serie, ben, malo non é, pero o mellor ... non sei eu, cecais é que tiña unha idea preconcebida del e por eso decepcionoume un pouco. Vale que ten algunhas das ocurrencias mais fantasticas que un poida imaxinar, como pode ser a Ralph o Glapum'tiano, ou as memorias inmortais do planeta Solum ou os sempre dispostos a mercar, vender, trocar, intercambiar, subastar ou alquilar informació ou o que sexa menester do trio de Shinguz presentado en tomos anteriores e que neste demostran todo o seu explendor, tamen podemos disfrutar de momentos deliranntes como acaptura de Ralph ou como Valerian pese a toda a sua tecnoloxia perdese en Escocia devido a neboa e ten que entrar nun pub a preguntar adireción correcta, ou as cogorzas que os Shinguz pillan con lidimento para cabalos. Vale que este tomo ten un dos finais mais estranos que un imaxinaria para unha serie de ciencia ficción, e que daria para moitas charlas teosoficas, cecais estrano de mais pois a min persoalmente descolocoume moito, ata tal punto que non sei decir se me tomaron o pelo con unha grande broma, se o autor quedouse sen ideas o final do relato ou se non supen pillar a ironia que todo eso desprende. Fose como fose, non era para nada o que tiña pensado e colleume co pé cambiado.
E para rematar, comentar que Planeta DeAgostini por fin anunciou a publicación do tomo anual de Gunnm Last Order de Yukito Kishiro, que alguns xa nos temiamos que non vise a luz este ano, sera para novembro e coincidira co tomo do noso coello samurai faborito. O que significa que terei que facer moitos mais números para ver que pillo ese mes. En fin aqui o deixo por hoxe.
martes, 16 de octubre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario