domingo, 3 de febrero de 2008

xa chegou o entroido

Pois si, cando ainda non estamos recuperados do Nadal e das suas consecuencias xa nos metemos de cheo no entroido, con ese cocido fumegante, esas orellas tan golosas e filloas con toque de limón, un entroido cos seus disfraces, as carallaras , os ovos , a fariña e todalas ganas do mundo de pasalo moi ben. E claro, tanto desmadre ten a sua repercusión gráfica, por exemplo: o outro día quedei cos meus colegas ciberneticos para disfrazarnos e pasalo ben, pero claro ninguén contaba con que teriamos unha carencia tan grande de imaxinación, que como resltado deu que todos fósemos cuns disfraces moi similares, por non decir que eran dus modelos distintos os que cada un doulle as cores que preferia. Bueno, todos menos eu, que fun cun drisfraz do mais orixinal, se non me credes mirade esta foto:

¿como?, ¿que non acertades a verme?, ahhh claro, esqueciame que fun eu o que estaba sacando a foto, pois nada, quedades sen saber de que ia disfrado. Saludiños

jueves, 31 de enero de 2008

Next World

Seguindo coas novedades publicadas recentemente da 9ª Arte, está esto:


Outro dos clásicos menores do moi acertadamente chamado "Deus do manga" Osamu Tezuka, do que afortunadamente cada vez queda menos material inedito no noso país. Non teño nin idea de como estará, pero sendo de Tezuka pillareino de igual modo, ainda que espero que non sexa tan infantil como Lost World a última obra publicada por estas terras da man de Glénat.

sábado, 26 de enero de 2008

Eu quero, eu quero

O pasado 25 de este mes, Norma editorial publicou o priméiro dos números da segunda saga da Casta dos Metabaróns, guionizado como non podía ser de outra forma por Alejandro Jodorowsky o que desta volta acompañao no apartado gráfico o galego de Santa Uxía de Ribeira, Xulio Das Pastoras, toda unha gozada para os ollos.
Este novo arco argumental está situado cronolóxicamente antes do anterior e narra a guerra entre duas tribus no pequeno planeta "Ahour la enana" e que dara lugar a aparición do primeiro dos Metabarons: Daval Castaka do que xa pudemos ver unha parte da sua historia no tomo especial da casta dos metabaróns co nome de "La casa de los ancestros".

Por outro lado para abril e no país veciño sairá o premeiro dos dous tomos que publicará Les Humanoïdes Assosiés de Final Incal que ó parecer é a continuación inmediarta de Despues del Incal aquela bd que saira fai xa sete anos e que aparecera marcado como o primeiro de unha serie da que nunca se supo mais. Esta nova entrega está dibuxada polo mexicano José Ladrönn, para aqueles que non o conozades quizais si vos soe se vos digo que dibuxou cousiñas para Marvel, entre elas un prestixio dos Inhumanos xunto a Carlos Pacheco e Rafael Marín ou o tomo de Hipflask publicado por Dolmen tempo ha. Un dibuxante con un estilo moi marcado , mezcla entre o sempre xenial Jack Kirby e o meu adorado Moubius, e decir ouro puro para os ollos.

miércoles, 23 de enero de 2008

Que a Forza este contigo Voldo ¡¡¿Voldo?!!!


Que non tomei ningunha sustancia estrana, nin levei golpe algun na cabeciña, palabrita de robot retrofuturista, o que pasa e que o título de esta entrada ben dado por unha noticia que leín onte, e é que na prosima versión do meu adoradisimo Soul Calibur que xa sera o IV poderas elexir a Darth Vader ou a Yoda segun que consola teñas, para pelexar e enfrentarte a Kilik, Cervantes, Astarot e demais membros de esta xa clasico xogo de pelexas con armas blancas. Se en entregas anteriores podias disfrutar de Link(do xogo Zelda), Spanw (da bd do mesmo nome) ou Heihachi ( do Teken, outro xogo de loita) todo dependendo de que soporte comprases, ahora parece que os que teñan a ps3 podran disfrutar de Darth Vader, mentres que os que teñan a Xbox 360 "disfrutar podrán" de Yoda. Da Wii non din nada, de todas formas o que queira leer mais sobre o tema que miren aqui, e aqui para as fotos e os videos aqui
¿A que ahora se tes que comprarte unha consola nova a Wii xa non ten tantos puntos como antes?

martes, 22 de enero de 2008

Válgame o ceo

¿Estades sentados? , ben, mellor, porque teño unha noticia que darvos, una de esas que non esperariades que vos dese eu, velaí a vai: hoxe apuntime na autoescola para por fin sacar o carnet de conducir, que hora vai sendo de que o teña de unha vez; e polo que vexo eses por fin e sen tempo no era que escoito ala o fondo indicanme que vos pensades o mesmo ..... ehh ¿quen dixo o de pringado?. Eso significa que posiblemente esta bitácora sufra pequenas retrasos na publicación das suas entradas, pero seria como moito cousa de un mes, dous o sumo xa que estaria ben ter aprobado a teorica antes do meu cumpreanos, e a poder ser tamén o practico pero eso xa é outro cantar. Como sempre mantereivos informados.
Cambiando de tema, fai pouco escribia eu dos meus agasallos de reis e mira ti por onde resulta que o tomo de Will Eisner esta defectuoso, e é que cara o final ten unhas páxinas que case non se ven, xa que a tinta e practicamente inexistente. Ahora terei que ir pola de Cano a que mo cambien. Espero que teña algún en bo estado para facer o cambio e que non estén agotados. Terei que pegarlle un vitazo mais axaustivo o de Stardust non vai ser que tamen teña algunha tara, o conto sera ver de onde saco o tempo.
Outra cousa, teño duas propostas para os disfraces do entroido, a primeira ocorreuseme onte vendo esto, si, ir de Pitufos, unha pequena gran idea que ata o mesmo Dr Smurf creo que aprobaría, ademais e facil de facer ... creo, a outra opción e a de ir do hormiguero de Pablo Motos, uns de formigas, outro de Marrow, outros de Trancas e Barrancas outro de Flopy, outro .. ben creo que xa pillastedes a idea, xa me contaredes que vos parece a idea, pero que sexa rapido que o entroido está a catro dias mal contados. E por o de oxe xa esta ben de tanto teclear. Mañan poño unha sorpresa, polo menos para min foino.

lunes, 21 de enero de 2008

Hola, holitaaaa

Ben, aqui estamos outra vez dandolle un pouco o teclado. Sei que na última entrada prometía que o día seguinte poría algunha foto e tal, pero é que no mesmo día o meu ordeador decideu porse enfermo, nada moi grabe, unha pequena estancia no técnico e unha breve intervención quirúrxica para un transplante de fuente de alimentación foi suficiente para que xa volte estar en activo. O certo e que teño unha chea de cousas que contarvos, mais que nada paranoias miñas, nada grabe e por suposto de moito mellor leer que o meu anterior post; asi que imos alo:
Para empezar comentarvos a aqueles que levades por fora do Salnés un tempo que Vane POR FIN deixou de traballar polas noites na de Rosa. O que significa que teremos menos ingresos o fin do mes pero moitisima mais calidade de vida, algo que non hai cartos que pague. Que Vane xa non teña que ir a de Rosa implica que POR FIN podemos empezar a mirar por un piso ou unha casiña que este en alquiler e irnos a vivir xuntos de unha vez, pero supoño que para esto último ainda tardaremos un pouco, pero non vos preocupar que xa vos terei informados, e seredes dos primeiros en saber en canto teñamos un sitio o que ir, mais que nada para que nos botedes unha (ou mellor as duas) man(s) con eso da mudanza... joooo!!! sede comprensivos que temos moitos discos, libros e tebeos que acarrexar. De toda-las formas ira para longo xa que empezamos esta semán a mirar.
O de ter a Querubín ( si, así chamase o meu pc) pachucho tivo o seu lado bo e foi que rematei a lectura de unhas cantas cousas que tiña por ahí pendentes. Entre elas o último tomo de Lucifer , que case que merece unha entrada a parte. De todas formas será mellor que o deixe aqui e así mañán contovos algo mais e intento darlle a esta bitácora un pouco de dinamismo a hora de por entradas, que para estatica xa estivo o ano pasado. Ale saludiños a todos e unha aperta moi forte para todo-los que "fai tempo" que non vexo. Deixovos con unha foto da miña sobriña sacada en fin de ano.

miércoles, 16 de enero de 2008

Sapos e culebras pola miña boca

Un por veces ten a sensación de ser un completo imbécil, quizais sexa debido a que tendo a ensalzar os meus amigos ata o punto de case idolatralos, e claro cando algún de eles non cumpre coas expectativas que eu lle teño marcadas inconcientemente ( e coas que penso de pode cumprir de sobra) pois acabo levando unha decepción enorme, sobre todo cando o defendes públicamente e acabas descubrindo que fixestes o maior dos riduculos so uns dias despois. E claro chegados a este punto un preguntase como pode intentar ter un comportamento normal con él, cando nada é xa normal e tes unhas ganas negras de meterlle un pouco de sentido comun ainda que sexa a ostias. Os que me coñecedes en persoa( que o tempo sodes os poucos que ledes este blog) sabedes que non son dos que poida disimular o que penso ou sento, por desgracia ou sorte (deixovolo a vosa elcción) o meu estado de animo notaseme moitisimo na cara, o que implica que non podo estar con alguén a disgusto e que este non o note. Nunca lle din importancia o que a xente pensase de min, polo que non teño reparos en ser un borde ou o que cadre con alguén que non me "cae ben" o problema esta en cando ese alguén e un amigo o que apreciabas de certo pero co que estas disgustado polo seu comportamento e do que estas descubrindo cousas que seria mellor non sabelas nunca ou telas sabido fai moito tempo. Recoñezo que o meu punto de vista non e imparcial, pero e que nunca puden ser imparcial nos temas que de verdade me importan, e cecais sexa moi cerrado para certas cousas. Sei a sua vez que todo o mundo ten dereito a ser feliz ou a polo menos a intentalo cantas veces como sexa posible, o malo e cando para que un consiga a sua felicidade teña que "joder" o proximo e por veces dea a sensación de que disfruta con eso. Non digo que un teña que condicionar a sua vida a o dictamen dos demais, nin pasarse todo o tempo "esto ou aquelo non o fago non vaia a ser que lle pareza mal a menganito ou citanito", pero as cousas podense facer de outra maneira, de feito podense facer de moitas maneiras e moitas non son boas, e é que curiosamente sempre eliximos unha das malas ou das menos boas, non estou aquí para sermonear a ninguén, e mais, seguramente o que estou facendo ahora tampouco sexa unah das mellores formas de face-las cousas pola miña parte pero visto que este blog e meu non esta mal que de cando en vez o use para desafogarme un pouco.
A cuestión é que teño un dilema (chamemoslle) etico. Teño un amigo o que aprezo de corazón pero co que estou moi disgustado por como esta facendo as cousas, e non quero perde-la sua amizade, pero tan pouco son capaz de estar calado, e sei que non podo disimular o que sinto, pero estou convencido de que se llo digo enfadarase e pensera que quero dicirlle como vivir a sua vida ou que estou contra él. Non sei creo que estou dibagando demasiadas tonterias, pero o certo é que agora sintome un pouco mellor. Como xa e tarde deixono aquí.
Mañan para compensar esta entrada pondrei algunha foto. Saludiños

domingo, 13 de enero de 2008

uppsss que patinazo


O outro día, falando do colega cibernético Robin, tiven un desliz, e falín de A ameaza de Andrómeda cando realmente queriame referir a Engendro mecánico, unah película de 1977 (que gran ano por certo) baseada nun libro do escritor Dean R. Koontz, do cal recomendo encarecidamente o seu libro Fantasmas.
Engendro mecánico, Demon seed na sua versión orixinal, trata de Proteus IV , un superordenador creado polo científico Alex Harris (Frizt Weaver) no seu proposito de crear unha intelixencia artificial. Un gran logro para calquer cientifico que como non podia ser de outra forma vaiselle das mans. Proteus desarrola unha persoalidade propia moi marcada e chega a conclusión de que necesita evolucionar e que para elo nada mellor que ter un fillo, para realizar tal proposito acaba encerrando a Susan (Julie Christie) a muller de Alex que sufre unha depresion pola perdida da sua filla por mor da leucemia, na sua propia casa para intentar ter con ela un fillo human pero que teña todolos coñecementos que alberga Proteus. Unha película que impactoume moito alá nos primeiros oitenta cando a vin por primeira vez sendo eu un prepuber, e que ten certos conceptos do mais novedosos para o ano no que foi feita, ainda que quizais o mais me impactou foi a violación de Susan a "mans" de Proteus ou o nacemento do seu fillo, un ser que pese o que asegura a IA de que e totalmente human no parece. Unha pelicula do mais recomendable que tal vez no envelleceu tan ven como debera pero que segue sendo do mais recomendable e que sigue tendo un dos finais mais sorprendentes que recordo.

viernes, 11 de enero de 2008

Robots e sexo

E non estou a falar de " A ameaza de andrómeda" nin de ningunha guarrada con compañeiros mecánicos polo medio, refirome a Robin o robot medico que o ministerio de Sanidade e a empresa Micrisoft presentaron onte. A idea básica e que os adolescentes españois poidan agregar o messenger a dirección de Robin para así poderlle consultar as dubidas de índole sexual que poidan ter, así como calquer outra sobre drogas, alcohol ou tabaco e as suas consecuencias, dunha forma confidencial e que permite moita mais intimidade para o consultante.. Si ben tendo en conta que está Microsoft de por medio, medo da pensar o que pode chegar a pasar se Robin ten algun fallo. De todas formas unha iniciativa que hai que aplaudir e que esperamos que teña uns excelentes resultados. Se algún quere preguntarlle algo o colega Robin so ten que añadir o messenger a seguinte dirección : robin@msc.es nunca se sabe cando pode vir ben.

miércoles, 9 de enero de 2008

Novedades do barbas

Planeta DeAgostini anuncia na sua páxina web que para abril coincidindo co salón do comic de Barcelona sacarán un tomo absolute de Superman con todalas historias do home de aceiro guionizadas polo sempre místico Alan Moore. Polo de agora non poñen nin prezo nin as páxinas que terá ese tomacho, pero dame a min que sera demasiado caro para o que ofrece( os comics SEMPRE SON DEMASIADO CAROS) sobre todo se temos en conta que mister Alan ten moito tirón por estos lares, e os editores sabeno e aprobeitanse de esa circunstancia. Como a miña incapacidade en copiar a portada do mencionado tomo da páxina de Planeta e moi notoria e non fun quen de atopala no google ( si incrible, esiste pero non aparece no google) poñovos esta foto do barbas de Northampton que atopei mentres buscaba a outra.

¡Que si! ¡que tratase de Moore! que non e Santa Claus nun dos 364 (este ano 365) dias que lle quedan libres o longo do ano. Ou ¿acaso credes que Santa anda por ahí con tantos aneis postos? Ale saludiños a todo quisqui

lunes, 7 de enero de 2008

Noites monárquicas

Pasada a noite de reis a un xa so le queda disfrutar dos seus agasallos e intentar esquecer o que se gastou neste (agora si) pasado Nadal. E nada mellor para esquecer as penas que porse a ler Stardust, na sua mastodóntica edición de Planeta DeAgostini, un regalo que non me esperaba pero que foi moi acertado, mais que nada porque ún xa tiña a sua edicion en tomitos Vertigo que no seu día sacou Norma, coa salvedade de que faltabame o último tomo dos catro no que foi publicada e repateabame pillar o de Planeta so por no poder conseguir o derradeiro número. Eso si a nova edición é unha pasada, nova traducción, tapas duras e unha boa morea de extras, ainda que quizais bótese de menos que non inclua o especial Stardus: Lluvia de estrellas, que no seu día saeu para recaudar cartos para pagar os gastos médicos da muller de Charles Vess que sufrira un terrible accidente. Problemas cos dereitos supoño, ainda que quizais nin sequera pasouselle pola mente o encargado de facer esta nova edición. Ainda que non sei se leerei antes Nueva York La vida en la gran ciudad do sin par Will Eisner. Outro tomazo o estilo Contrato con Dios con historias cortas transcurridas na cidade dos rascaceos, e se ben ainda non o lín, podo asegurar sen medo a trabucarme que a sua calidade supera con creces a maioria do publicado por estas terras dentro da banda deseñada.
Un que é maiorciño, xa non esta moito pola labor de creer nos Reis Magos (ou deveria decir máxicos) pero aggasallos como a edición especial con dous discos de Dentro del laberinto pode facer voltar a fe a calquera, despois de todo ¿en cantas péliculas podes disfrutar de David Bowie e a miña adoradisima Jennifer Connelly xuntos?. O último regalo foi un bolso pequeno negro e moi chusquiño que a miña sogra tibo a deferencia de pedirlle as suas maxestades. Regalo sorprendente mais que nada pola sua procedencia, xa que non esperaba que Victoria me regalase nada, debe ser pola miña gran simpatia e a miña ainda mais grande humildade jejejeje.


Tamen teño un teclado novo, pero non é regalo das suas maxestades, mais ben e un "regalo" dos electroduendes, que polo visto pasaronse onte pola casa e fastidiaronme o meu veterano teclado, que tras 7 anos non puido soportar esta entrada de ano, xa veremos canto dura este, pero non creo que dure tanto tempo nin de coña. E creo que polo de hoxe xa esta ben, ale a disfrutar dos vosos agasallos ou se non son do voso agrado a vendelos por internet.

sábado, 5 de enero de 2008

Non teño sono


Si, xa sei que non son horas de poñer unha mensaxe no blog , pero é que agora mesmo non teño sono, e non ten nada que ver co que levo bebido ( que por outra parte non tiña tanta cafeina). Simplemente necesito facer algo útil a estas horas, Así que bou a falar do libro que rematín de ler onte mesmo, O retrato de Dorian Grey do famosísimo e polémico Oscar Wilde.
Vaia por diante que o libro tan pouco me pareceu cousa do outro mundo, (ale toma blasfemia) vale que se fai ameno e entretido pero non ten esa maxia da que algúns falaban, quizais devido a que xa sabía de que ia a historia e como remataba, o que sen duvida algunha repercutiu negativamente no nivel de disfrute de esta obra. Quitando a mensaxe moralista de que todo acto desprezable queda marcado na nosa alma e que finalmente pagaremos por eles, o narcisismo e que unha vida dedicada por enteiro a busqueda dos placerese é unha vida valeira (como se todo isto fose pouco) o mais salientable do libro son sen dubida as opinións proferidas por lor Henry Wotton, que son todo un portento de escepticismo, cinismo e moita mala baba para falar da sociedade que lle tocou vivir e que sen dúbida reflexan esa parte misóxena que o propio Wilde posuia, e que marcan o principio da perdición de Dorian Grey.
Un Dorian Grey que pasa de un ser puro a un autentico diaño capaz incluso do mas terrible dos pecados e incumplir o 5º mandamiento sen apenas inmutarse. Todo esto en pouco mais de 260 páxinas de agradable lectura pero que non consigueu apasionarme tanto como cabria esperar. E como ahora si que teño sono, deixono aqui. E non penso seguir mañan co tema, mellor pillades o libro e sacades a s vosas propias conclusións que este blog e para esbadallar as miñas neuras e non para crear catedra ( cousa que tendo enconta o meu nivel e absolutamente imposible). Ale a durmir.

miércoles, 2 de enero de 2008

Ano novo ...

Como pasa o tempo, fai hoxe un ano que comencéi esa estrana aventura que é este bloog. Un ano que dou para moito, tanto bo como malo, desto último sobretodo na sua recta final. Un ano cun parón de case seis meses sen poñer nada, e no que non supen aprobeitar todalas ventaxas que este medio ofrece, eso non significa que me de por vencido, pero tan pouco que vaia saber aprobeitar este bloog o cen por cen, só significa que seguimos aquí, intentando face-lo mellor posible e intentando aprender dos erros cometidos.
Sei que todo-los comenzos de ano, estan cheos de novos proxectos e boas intencións, non porei nada aqui dos que eu teño na mente para este espacio, con sorte xa o iredes vendo o largo do 2008, so decirvos que espero encamiñar o planeta prohibido mais cara o que eu tiña pensado que fora nun principio, se ben esta claro que cousas como a publicación regular das fotos dos distintos desfases festeiros seguirán tendo o seu espazo reservado, mais que nada porque e unha das cousas co que mellor o paso e que mais xente mira.
A todos os que pasastedes polo planeta prohibido durante este primer ano de vida: Moitisimas gracias.

E como temos que empezar o ano con boas vibracións aque deixobos este vídeo :