sábado, 5 de enero de 2008

Non teño sono


Si, xa sei que non son horas de poñer unha mensaxe no blog , pero é que agora mesmo non teño sono, e non ten nada que ver co que levo bebido ( que por outra parte non tiña tanta cafeina). Simplemente necesito facer algo útil a estas horas, Así que bou a falar do libro que rematín de ler onte mesmo, O retrato de Dorian Grey do famosísimo e polémico Oscar Wilde.
Vaia por diante que o libro tan pouco me pareceu cousa do outro mundo, (ale toma blasfemia) vale que se fai ameno e entretido pero non ten esa maxia da que algúns falaban, quizais devido a que xa sabía de que ia a historia e como remataba, o que sen duvida algunha repercutiu negativamente no nivel de disfrute de esta obra. Quitando a mensaxe moralista de que todo acto desprezable queda marcado na nosa alma e que finalmente pagaremos por eles, o narcisismo e que unha vida dedicada por enteiro a busqueda dos placerese é unha vida valeira (como se todo isto fose pouco) o mais salientable do libro son sen dubida as opinións proferidas por lor Henry Wotton, que son todo un portento de escepticismo, cinismo e moita mala baba para falar da sociedade que lle tocou vivir e que sen dúbida reflexan esa parte misóxena que o propio Wilde posuia, e que marcan o principio da perdición de Dorian Grey.
Un Dorian Grey que pasa de un ser puro a un autentico diaño capaz incluso do mas terrible dos pecados e incumplir o 5º mandamiento sen apenas inmutarse. Todo esto en pouco mais de 260 páxinas de agradable lectura pero que non consigueu apasionarme tanto como cabria esperar. E como ahora si que teño sono, deixono aqui. E non penso seguir mañan co tema, mellor pillades o libro e sacades a s vosas propias conclusións que este blog e para esbadallar as miñas neuras e non para crear catedra ( cousa que tendo enconta o meu nivel e absolutamente imposible). Ale a durmir.

1 comentario:

Dr Smurf dijo...

Di que si. Que a busca de praceres é o que lle dá sentido á vida. E logo para que estamos aqui? Para matarnos traballando? Home, non, que carallo... Iso xa o temos tódolos días sen buscalo.