lunes, 21 de enero de 2008

Hola, holitaaaa

Ben, aqui estamos outra vez dandolle un pouco o teclado. Sei que na última entrada prometía que o día seguinte poría algunha foto e tal, pero é que no mesmo día o meu ordeador decideu porse enfermo, nada moi grabe, unha pequena estancia no técnico e unha breve intervención quirúrxica para un transplante de fuente de alimentación foi suficiente para que xa volte estar en activo. O certo e que teño unha chea de cousas que contarvos, mais que nada paranoias miñas, nada grabe e por suposto de moito mellor leer que o meu anterior post; asi que imos alo:
Para empezar comentarvos a aqueles que levades por fora do Salnés un tempo que Vane POR FIN deixou de traballar polas noites na de Rosa. O que significa que teremos menos ingresos o fin do mes pero moitisima mais calidade de vida, algo que non hai cartos que pague. Que Vane xa non teña que ir a de Rosa implica que POR FIN podemos empezar a mirar por un piso ou unha casiña que este en alquiler e irnos a vivir xuntos de unha vez, pero supoño que para esto último ainda tardaremos un pouco, pero non vos preocupar que xa vos terei informados, e seredes dos primeiros en saber en canto teñamos un sitio o que ir, mais que nada para que nos botedes unha (ou mellor as duas) man(s) con eso da mudanza... joooo!!! sede comprensivos que temos moitos discos, libros e tebeos que acarrexar. De toda-las formas ira para longo xa que empezamos esta semán a mirar.
O de ter a Querubín ( si, así chamase o meu pc) pachucho tivo o seu lado bo e foi que rematei a lectura de unhas cantas cousas que tiña por ahí pendentes. Entre elas o último tomo de Lucifer , que case que merece unha entrada a parte. De todas formas será mellor que o deixe aqui e así mañán contovos algo mais e intento darlle a esta bitácora un pouco de dinamismo a hora de por entradas, que para estatica xa estivo o ano pasado. Ale saludiños a todos e unha aperta moi forte para todo-los que "fai tempo" que non vexo. Deixovos con unha foto da miña sobriña sacada en fin de ano.