martes, 22 de enero de 2008

Válgame o ceo

¿Estades sentados? , ben, mellor, porque teño unha noticia que darvos, una de esas que non esperariades que vos dese eu, velaí a vai: hoxe apuntime na autoescola para por fin sacar o carnet de conducir, que hora vai sendo de que o teña de unha vez; e polo que vexo eses por fin e sen tempo no era que escoito ala o fondo indicanme que vos pensades o mesmo ..... ehh ¿quen dixo o de pringado?. Eso significa que posiblemente esta bitácora sufra pequenas retrasos na publicación das suas entradas, pero seria como moito cousa de un mes, dous o sumo xa que estaria ben ter aprobado a teorica antes do meu cumpreanos, e a poder ser tamén o practico pero eso xa é outro cantar. Como sempre mantereivos informados.
Cambiando de tema, fai pouco escribia eu dos meus agasallos de reis e mira ti por onde resulta que o tomo de Will Eisner esta defectuoso, e é que cara o final ten unhas páxinas que case non se ven, xa que a tinta e practicamente inexistente. Ahora terei que ir pola de Cano a que mo cambien. Espero que teña algún en bo estado para facer o cambio e que non estén agotados. Terei que pegarlle un vitazo mais axaustivo o de Stardust non vai ser que tamen teña algunha tara, o conto sera ver de onde saco o tempo.
Outra cousa, teño duas propostas para os disfraces do entroido, a primeira ocorreuseme onte vendo esto, si, ir de Pitufos, unha pequena gran idea que ata o mesmo Dr Smurf creo que aprobaría, ademais e facil de facer ... creo, a outra opción e a de ir do hormiguero de Pablo Motos, uns de formigas, outro de Marrow, outros de Trancas e Barrancas outro de Flopy, outro .. ben creo que xa pillastedes a idea, xa me contaredes que vos parece a idea, pero que sexa rapido que o entroido está a catro dias mal contados. E por o de oxe xa esta ben de tanto teclear. Mañan poño unha sorpresa, polo menos para min foino.

1 comentario:

Dr Smurf dijo...

Que vas sacar o carné?
Sae dese corpo!
Eu exhórtote!
Expulsa o mal!