domingo, 13 de enero de 2008

uppsss que patinazo


O outro día, falando do colega cibernético Robin, tiven un desliz, e falín de A ameaza de Andrómeda cando realmente queriame referir a Engendro mecánico, unah película de 1977 (que gran ano por certo) baseada nun libro do escritor Dean R. Koontz, do cal recomendo encarecidamente o seu libro Fantasmas.
Engendro mecánico, Demon seed na sua versión orixinal, trata de Proteus IV , un superordenador creado polo científico Alex Harris (Frizt Weaver) no seu proposito de crear unha intelixencia artificial. Un gran logro para calquer cientifico que como non podia ser de outra forma vaiselle das mans. Proteus desarrola unha persoalidade propia moi marcada e chega a conclusión de que necesita evolucionar e que para elo nada mellor que ter un fillo, para realizar tal proposito acaba encerrando a Susan (Julie Christie) a muller de Alex que sufre unha depresion pola perdida da sua filla por mor da leucemia, na sua propia casa para intentar ter con ela un fillo human pero que teña todolos coñecementos que alberga Proteus. Unha película que impactoume moito alá nos primeiros oitenta cando a vin por primeira vez sendo eu un prepuber, e que ten certos conceptos do mais novedosos para o ano no que foi feita, ainda que quizais o mais me impactou foi a violación de Susan a "mans" de Proteus ou o nacemento do seu fillo, un ser que pese o que asegura a IA de que e totalmente human no parece. Unha pelicula do mais recomendable que tal vez no envelleceu tan ven como debera pero que segue sendo do mais recomendable e que sigue tendo un dos finais mais sorprendentes que recordo.

No hay comentarios: