miércoles, 16 de enero de 2008

Sapos e culebras pola miña boca

Un por veces ten a sensación de ser un completo imbécil, quizais sexa debido a que tendo a ensalzar os meus amigos ata o punto de case idolatralos, e claro cando algún de eles non cumpre coas expectativas que eu lle teño marcadas inconcientemente ( e coas que penso de pode cumprir de sobra) pois acabo levando unha decepción enorme, sobre todo cando o defendes públicamente e acabas descubrindo que fixestes o maior dos riduculos so uns dias despois. E claro chegados a este punto un preguntase como pode intentar ter un comportamento normal con él, cando nada é xa normal e tes unhas ganas negras de meterlle un pouco de sentido comun ainda que sexa a ostias. Os que me coñecedes en persoa( que o tempo sodes os poucos que ledes este blog) sabedes que non son dos que poida disimular o que penso ou sento, por desgracia ou sorte (deixovolo a vosa elcción) o meu estado de animo notaseme moitisimo na cara, o que implica que non podo estar con alguén a disgusto e que este non o note. Nunca lle din importancia o que a xente pensase de min, polo que non teño reparos en ser un borde ou o que cadre con alguén que non me "cae ben" o problema esta en cando ese alguén e un amigo o que apreciabas de certo pero co que estas disgustado polo seu comportamento e do que estas descubrindo cousas que seria mellor non sabelas nunca ou telas sabido fai moito tempo. Recoñezo que o meu punto de vista non e imparcial, pero e que nunca puden ser imparcial nos temas que de verdade me importan, e cecais sexa moi cerrado para certas cousas. Sei a sua vez que todo o mundo ten dereito a ser feliz ou a polo menos a intentalo cantas veces como sexa posible, o malo e cando para que un consiga a sua felicidade teña que "joder" o proximo e por veces dea a sensación de que disfruta con eso. Non digo que un teña que condicionar a sua vida a o dictamen dos demais, nin pasarse todo o tempo "esto ou aquelo non o fago non vaia a ser que lle pareza mal a menganito ou citanito", pero as cousas podense facer de outra maneira, de feito podense facer de moitas maneiras e moitas non son boas, e é que curiosamente sempre eliximos unha das malas ou das menos boas, non estou aquí para sermonear a ninguén, e mais, seguramente o que estou facendo ahora tampouco sexa unah das mellores formas de face-las cousas pola miña parte pero visto que este blog e meu non esta mal que de cando en vez o use para desafogarme un pouco.
A cuestión é que teño un dilema (chamemoslle) etico. Teño un amigo o que aprezo de corazón pero co que estou moi disgustado por como esta facendo as cousas, e non quero perde-la sua amizade, pero tan pouco son capaz de estar calado, e sei que non podo disimular o que sinto, pero estou convencido de que se llo digo enfadarase e pensera que quero dicirlle como vivir a sua vida ou que estou contra él. Non sei creo que estou dibagando demasiadas tonterias, pero o certo é que agora sintome un pouco mellor. Como xa e tarde deixono aquí.
Mañan para compensar esta entrada pondrei algunha foto. Saludiños

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sois si que tes un dilema:
-As cousas claras e o chocolate espeso.

-Amighiños si, pero a vaquiña polo que vale.

-Etc.

Os amigos, se o son, teñen que poder dicirse o que pensan.