miércoles, 2 de enero de 2008

Ano novo ...

Como pasa o tempo, fai hoxe un ano que comencéi esa estrana aventura que é este bloog. Un ano que dou para moito, tanto bo como malo, desto último sobretodo na sua recta final. Un ano cun parón de case seis meses sen poñer nada, e no que non supen aprobeitar todalas ventaxas que este medio ofrece, eso non significa que me de por vencido, pero tan pouco que vaia saber aprobeitar este bloog o cen por cen, só significa que seguimos aquí, intentando face-lo mellor posible e intentando aprender dos erros cometidos.
Sei que todo-los comenzos de ano, estan cheos de novos proxectos e boas intencións, non porei nada aqui dos que eu teño na mente para este espacio, con sorte xa o iredes vendo o largo do 2008, so decirvos que espero encamiñar o planeta prohibido mais cara o que eu tiña pensado que fora nun principio, se ben esta claro que cousas como a publicación regular das fotos dos distintos desfases festeiros seguirán tendo o seu espazo reservado, mais que nada porque e unha das cousas co que mellor o paso e que mais xente mira.
A todos os que pasastedes polo planeta prohibido durante este primer ano de vida: Moitisimas gracias.

E como temos que empezar o ano con boas vibracións aque deixobos este vídeo :

No hay comentarios: