Pois con algo de retraso bou a comentar o pasado fin de semana, que ainda que tibo unha hora menos dou para moito. Para empezar entereime dunha chea de noticias algunhas tan desagradables como o atraco a punta de pistola que sufreu Javisan no 24 horas no que traballa, que pese a acabar atado no almacen non foi a mais que un susto (un sustomoi grade eso si) ou o acidente de tráfico que sufreu Alberto; bueno esto foi mais coñero pois un tipo que tiña o carnet de conducir retirado por dous anos chocou con él e mentres esperaba a que chegase a garda civil marchou a un bar cercano a tomar unhas cerbeciñas; pero non todo foron desgracias xa que Rubén XA ESTA NA CASA!!!!, e sen tempo non era, porque menudo susto que nos meteu, vale que está como un fiuncho e pálido como a neve pero xa esta na casa, de feito pasou por o Lucio un par de veces. Non recordei facerlle unha foto par a colgala eiqui, e é que ainda non estou acostumado a eso de ter camara e non me acordo de ela.
O vernes a noite fun ver "300" a "pinicula " baseada no tebeo homónimo de Frank Miller que a sua vez esta inspirada na guerra das termópilas, quitando pequenos detalles historicos a peli esta ben, polo menos todo o ben que podia estar, e esplicome: para empezar a historia orixinal na que se basea ( e refírome a o comic ) nunca me pareceu unha gran cousa, e digo esto con todolos respectos a Frank Miller e os seus fans, que se ben ten cousas interesantes como a sua etapa en Daradevil ou Elektra ou a xenial e tamen levada ó cine Sin City, ten cousas menos afortunadas como Ronin ou a citada 300, que para nada e ó meu modesto entender merece tantos premios nin eloxios como levou, teño entendido que é o comic mais premiado da historia (¿algen podriame confirmar ou desmentir esto? ), e sea mos sinceros, se quitamos as escenas de loitas quedan 25 minutos raspados de pelicula, que non digo eu que esta mal iso, pois o interesante da historia e precisamente esa loita encarnizada dun grupo reducido de homes contra un exército do mais impresionante, e é que non se pode negar que sempre me gustou eso de dous contra dous mil, Asterix, o Alamo, abatalla de Monjuïc ou os ingleses defendendose do ataque do imperio Zulu (sintono poro non recordo como se chama esa batalla) son claros exemplos. Ademais o filme conta cunha fotografía impresionante que dalle un aspecto do mais peculiar, facendo que por momentos teñas a sensación de estar vendo unhas viñeta animadas e non unha pelicula, sensacion que se recalca con eses pequenos parons de imaxe que o realizador ofrecenos de cando en vez, e que cando as ves dis "esto e tal cal o tebeo". Por outro lado que todo o decorado ( e incluso algún abdominal) e posta en escea sea feito por ordenador, sendo so "reais" os actores e as suas vestimentas lonxe de cantar quedalle moi ben, non como no caso da fallida Sky capitan and the future wold (que sigo creendo que podria dar para moito mais). Quizais escederonse un pouco con certas cousas, como o do orco ¿uo era un trol?, ou o executor real de Jerjes que non se sabe moi ben a conta de que viña esa pinta cos brazos deformados, mais ben transformados en cuchillas para decapitar. Pero se gustas de historias epicas, honor e moita ación (e sangre e mutilacións a saco) esta é a tua pelicula, ainda que sei de xente que non gustou de ela porque non "pegaban tiros" e é que esta visto que alguns necesitan un pistolón enorme para compensar o tamaño do seu .. digo para crer que ten acción a raudais.
E como xa me esplallei moito deixo o ocurrido o sabado para outro momento e asi poño as fotos que se sacaron e que son do mais xugosas.
jueves, 29 de marzo de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
solo dicir que non me perece ben que se lles reproche a fidelidade histórica á hora de trasladar ó cine "300", é certo que ocorreu a batalla das termopilas, tamen é certo que os espartanos eran poucos, pero o coñecemento que hoxe se ten sobre o ocorrido é a trabes do que no seu dia contou Homero, que non é precisamente un cronista de rigor, polo que a versión está trastocada. Miller baseouse sobre todo nunha lenda e nunha adaptación ó cine polo que a novela gráfica orixinal é un conto de guerra sen rigurosidade histórica. Moitos "criticos de cine" empregan a escusa da falla de rigurosidade para tildar o filme de mala pelicula histórica e de apoloxia da guerra, e eu digolles: que parte de ADAPTACIÓN DUNHA NOVELA GRÁFICA non acaban de entender.
menuda parrafada para criticar ós críticos...
Publicar un comentario